Illa Bohol

Bohol
Localización da illa
Situación
País Filipinas
ArquipélagoVisayas
Coordenadas9°50′N 124°10′L / 9.833, -124.167Coordenadas: 9°50′N 124°10′L / 9.833, -124.167
Xeografía
Superficie3.821 km²
Demografía
CapitalTagbilaran
Poboación1.255.128 (censo 1/5/2010)
Lingua propiaLingua cebuana

A illa de Bohol é a illa principal da provincia de Bohol nas Visayas. Atópase ao sueste da illa de Cebú no Estreito de Cebú (nalgunhas referencias chamado Estreito de Bohol) e ao suroeste da Illa Leyte, separadas polo Mar de Camotes e o Canal Canigao. Bohol tamén se atopa ao norte de Mindanao co Mar de Bohol entre elas.

Cunha superficie de 3.269 km² e unha costa de 261 quilómetros de longo, é a illa de Bohol a décima máis grande de Filipinas. A illa principal está rodeada de preto de 70 illas máis pequenas, as maiores das cales son a Illa Panglao fronte a cidade de Tagbilaran no suroeste e a Illa Lapining no nordés.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search